Dobre vida
Dobre vida | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | A Double Life |
Director | George Cukor |
Produtor | Michael Kanin |
Guión | Ruth Gordon Garson Kanin |
Intérpretes | Ronald Colman Signe Hasso Edmond O'Brien |
Música | Miklós Rózsa |
Fotografía | Milton R. Krasner |
Montaxe | Robert Parrish |
Estudio | Kanin Productions |
Distribuidora | Universal Pictures |
Estrea | 25 de decembro de 1949 |
Duración | 104 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Recadación | 1,7 millóns de dólares (USA)[1] |
Na rede | |
Dobre vida (en inglés: A Double Life) é un filme estadounidense de 1947 dirixido por George Cukor, cun guión de Ruth Gordon e Garson Kanin.[2] Conta a historia dun actor cuxa mente queda afectada polo personaxe que interpreta. Está protagonizado por Ronald Colman e Signe Hasso. Ronald Colman gañou o Óscar ó mellor actor pola súa interpretación no filme.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Anthony John é un grande actor de teatro, obsesivo coas personaxes que interpreta ata o punto de chegar a non conseguir distinguir a ficción da realidade. Está separado da tamén actriz Brita, que a pesar de amalo non soporta as súas mudanzas de personalidade e as súas súpetas desaparicións. Cando a parella inicia unha nova peza, Otelo de Shakespeare, Anthony axiña comeza a sentir celos da súa exmuller, mesturando os seus sentimentos cos do protagonista que interpreta.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Ronald Colman como Anthony "Tony" John
- Signe Hasso como Brita
- Edmond O'Brien como Bill Friend
- Shelley Winters como Pat Kroll
- Ray Collins como Victor Donlan
- Philip Loeb como Max Lasker
- Millard Mitchell como Al Cooley
- Joe Sawyer como Pete Bonner
- Charles La Torre como Stellini
- Whit Bissell como Dr. Stauffer
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Dobre vida na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)